martes, 22 de febrero de 2011

REFLEXIÓNS DA PROFE: O PORQUÉ DO NOSO BLOG


O Blog, os nosos blogs, foron creados con moito agarimo para tratar de achegar o día a día da escola ás familias e a toda a comunidade educativa, pero ideouse tamén coma unha vía de comunicación entre todos. Queríamos, e seguimos querendo, un blog interactivo.
Queremos unha escola aberta a todos, onde as vosas opinións, ideas, suxerencias, aportacións..., tamén teña cabida. Esta foi unha das razóns polas que as profes de Infantil decidiron poñerse "mans á obra". Sen moita información nin formación decidimos adentrarnos neste mundo dos blogs, novo para nós, e abriros un pouquiño máis as portas de cole.

Pouco a pouco, coa axuda e a ilusión de todas, esta idea convertiuse nun proxecto, e este proxecto nunha realidade. Supón un gran traballo tratar de manter o blog ao día e tratar de interesar aos nosos cativos por estas novas tecnoloxías, pero dun xeito crítico. Supón un esforzo tamén tratar de interesar ás familias por a colaboración na vida da aula. ¡A ESCOLA É DE TODOS! Non só dos nenos e das nenas e das profes. Entre todos podemos facer unha educación de calidade, participativa e máis acolledora.

Os nenos e nenas necesitan moita motivación para aprender cousas novas, e seguir aprendendo día a día, pero as profes tamén necesitamos motivación para seguir investigando, mellorando, innovando...
Gustaríamos que este blog fora unha canle de comunicación, nas dúas direccións: da escola ata casa, e de casa ata a escola.
¡ANIMÁDEVOS! ¡FAGAMOS TODOS XUNTOS UNHA EDUCACIÓN MELLOR!



8 comentarios:

JUANJO, O PAI DE ALEJANDRO dijo...

REFLEXIÓNS DO PAI DE ALEJANDRO SOBRE AS REFLEXIÓN DA PROFE.
Animo e adiante co blog! Esta moi ben, encántame introducirme na clase e ver o traballo dos nenos pola ventana indiscreta de internet. Este blog nos achega o traballo diario dos nosos fillos. SIMPLEMENTE POR ISO A SÚA EXISTENCIA ESTA PLENAMENTE XUSTIFICADA. GRAZAS POLO ESFORZO DE MANTELO VIVO!
A partir de hoxe comprométome a colaborar aportando os meus comentarios e animo a todos os pais e nais a que se implique no blog.
nota.- todos a escribir antes de que Bea nos castigue e nos poña de costas contra a parede e cun teclado en cada man.

A profe Bea dijo...

Grazas Juanjo, pai de Alejandro, polo teu comentario. É xenial!!!
Rímonos moito coa nota do final.
Non sei, non sei... se ese castigo sería a solución pero se queredes probamos. Jajaja...
Cando comezamos cos blogs tiñamos, as profes, moitas dúbidas pero a pesares destas decidimos aventurarnos porque pensamos que merecía a pena pol@s nen@s e tamén polas familias. A aventura comezou e aínda que leva moito tempo segue a parecernos moi boa idea.
En fin, que non é unha bronca nin moito menos, é unha chamada de ATENCIÓN para que non esquezades esta nova ferramenta de traballo. E se sirve para que a partir de agora vexamos máis comentarios no blog, ¡¡¡benvida sexa!!!
Un saúdo a todas as familias.

Anónimo dijo...

Ola a tod@s, faceros saber que aquí na casa de Nerea, entramos sempre neste precioso blog,tan interesante. Bea admiramos a tua labor e a labor das demáis educadoras, grazas a vós. Aproveitamos este comentario, para faceros saber que Nerea ten a varicela, e non asistirá a clase ata dentro de unha semán, biquiños para tod@s e un saudo, María.

Anónimo dijo...

OOOOOK!
Como creo que temos a maioría dos pitos, supoño que somos dobremente responsables!?
Só vos pido que cando leades os nosos comentarios, os leades duas veces... así xa cumplimos!.
Animo Bea, estar siempre estamos por aqui, intentaremos aportar un poquito más.

From the Mountains, (nai e pai de Leo e Lola Mountain) mandamos saludos a todos y un beso muy grande para Nerea (que se ponga buena para carnavales)

Profe Bea dijo...

Non vos podedes imaxinar a ilusión que me fai abrir o blog e atopar os vosos comentarios. Agora si que empezo a saber que estades ahí. Eu sei polos nen@s que nos vedes e visitades pero hai tamén que implicarse. Xa sabedes que me gusta que participades "na vida da aula" e este e un novo xeito.
Gústame empezar a sentir que O GALIÑEIRO COMEZA A ESPERTAR.
Será o galo que anda a cantar?
Grazas polos vosos comentarios.

Elena dijo...

Ola son Elena,a nai de Alejandro. Onte estiven buscando algunhas cousas en internet e atopei este conto, envíollo con todo o cariño para as galiñas que están faltando estes días porque están maliñas.

MIRANDO POR LA VENTANA
"Había una vez un niño que cayó muy enfermo. Tenía que estar todo el día en la cama sin poder moverse. Como además los niños no podían acercarse, sufría mucho por ello, y empezó a dejar pasar los días triste y decaido, mirando el cielo a través de la ventana.
Pasó algún tiempo, cada vez más desanimado, hasta que un día vio una extraña sombra en la ventana: era un pingüino comiendo un bocata de chorizo, que entró a la habitación, le dio las buenas tardes, y se fue. El niño quedó muy extrañado, y aún no sabía qué habría sido aquello, cuando vio aparecer por la misma ventana un mono en pañales inflando un globo. Al principio el niño se preguntaba qué sería aquello, pero al poco, mientras seguían apareciendo personajes locos por aquella extraña ventana, ya no podía dejar de reír, al ver un cerdo tocando la pandereta, un elefante saltando en cama elástica, o un perro con gafas que sólo hablaba de política ...
Aunque por si no le creían no se lo contó a nadie, aquellos personajes teminaron alegrando el espíritu y el cuerpo del niño, y en muy poco tiempo este mejoró notablemente y pudo volver al colegio.
Allí pudo hablar con todos sus amigos, contándoles las cosas tan raras que había visto. Entonces, mientras hablaba con su mejor amigo, vio asomar algo extraño en su mochila. Le preguntó qué era, y tanto le insistió, que finalmente pudo ver el contenido de la mochila:

¡¡allí estaban todos los disfraces que había utilizado su buen amigo para intentar alegrarle!!

Y desde entonces, nuestro niño nunca deja que nadie esté solo y sin sonreir un rato."

E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO REMATOU.

Atopeino na páxina "www.cuentosparadormir.com" nesta páxina ademáis podense escoitar pois ten unha sección de audiocontos.

BUENO PITIÑAS E PITIÑOS ESPERO MIRAROS PRONTO CORRENDO OLADO DE MAMÁ GALIÑA!
UN BICO!!!!

Bea dijo...

Grazas Elena! Qué conto máis bonito. Iso si que é a amizade e ademáis adicarllo aos que están maliños, Nerea e Roi, pareceume unha moi boa idea.
Buscarei a páxina do conto e a porei no apartado do blog: webs e blogs interesantes (na columna da dereita)
Moitos bicos e abrazos para tod@s pero en especial para Nerea e Roi.
¡Disfrutade deste conto!

LUCIA dijo...

HOLA BEA COMO YA TE COMENTE EN OTRA OCASION ME PARECE MUY BUENA IDEA LO DEL BLOG,PORQUE ASI NOSOTROS DESDE CASA PODEMOS VER UN POCO DE LA VIDA DIARIA DE NUESTROS HIJOS EN LA ESCUELA QUE YO CREO QUE TODOS NOS HARIAMOS LAS PREGUNTAS ALGUNA VEZ DE:COMO SE PORTARA NUESTRO NIÑO EN EL COLE,QUE HARAN EN CLASE DE...,COMO MERIENDARAN...CREO Q CON ESTE METODO QUEDAN NUESTRAS PREGUNTAS YA RESUELTAS.AÑADIR QUE EL METODO DE ENSEÑANZA QUE TENEIS ME GUSTA MUCHO PORQUE ES DISTINTO DE LO BASICO DE SIEMPRE,CREO QUE LOS NIÑOS APRENDEN MAS ASI .UN BESO PARA TODOS.