miércoles, 27 de octubre de 2010

HOXE E ONTE CONTAMOS...



ESTA GALIÑA PON OVOS PERO NON UNS OVOS CALQUERA. NON, NON!!! PON OVOS-CONTOS.
CADA VEZ QUE FAI CO-CO-CÓ PON UN OVO.
 É FANTÁSTICO!!!
SE NON O CREDES  INVITÁMOSVOS A PASAR POLA NOSA AULA E COMPROBALO.


AS CABAZAS CHEGAN AO COLE

ONTE DAMIÁN E HOXE LEO E LOLA TROUXERON CABAZAS DECORADAS. A DE DAMIÁN ESTABA SEN BALEIRAR E XURDIUNOS UNHA DÚBIDA:
 -¿QUÉ HAI DENTRO DAS CABAZAS?
HOUBO QUEN DIXO:
 - "CARAMELOS, HIELO". 
COAS CABAZAS DE LEO E LOLA QUE VIÑAN BALEIRAS SAIMOS DA DÚBIDA PORQUE ELES CONTÁRONNOS QUE DENTRO TIÑAN PEPITAS E ERAN BRANCAS.
 ABRIMOS A DE DAMIÁN E A DEL NON EN BRANCA E LARANXA...

O PITINHO AMARELINHO

ESTE É OUTRO VIDEO MÁIS DA GALINHA PINTADINHA

UNHA MARÉ DE... HISTORIAS

AS PROFES ANXOS, GLORIA E NURIA CONTÁRONNOS O CONTO "COMO ATRAPAR UNA ESTRELLA".
AQUÍ VOS DEIXAMOS CUNHA MOSTRA DA SUA REPRESENTACIÓN
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!



A GALINHA PINTADINHA


ONTE DIVERTÍMONOS MOITO COS VIDEOS DA "GALINHA PINTADINHA" QUE CHEGARON A NOSA AULA GRAZAS A APORTACIÓN DUNHA FAMILIA. AÍNDA QUE ESTÁN EN PORTUGUÉS ENTENDÍAMOLOS MOI BEN.

lunes, 25 de octubre de 2010

ALEJANDRO VAI A GALIÑEIRO DA TÍA GELINES

"O galo Alejandro, da clase das galiñas, estivo traballando esta fin de semana. Foi ao galiñeiro da tía Gelines a por ovos porque quería facer un pastel". Este é o texto que nos enviou a familia de Alejandro  ao correo electrónico xunto coas seguintes fotos:


  

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Hoxe luns 25, o martes 26 e o mércores 27 celebramos no cole o día internacional das bibliotecas(24 de outubro) e os mestres e mestras imos pasalo moi ben contando  aos nen@s do cole "Unha maré de historias..." Cando rematemos colgaremos algunhas fotos no blog da biblioteca. Non deixedes de botarlle unha ollada  pingapinga.blogspot.com

MÁIS COUSIÑAS PARA O SAMAÍN

http://www.starfall.com/n/holiday/halloween/play.htm?f
Neste enlace tamén podedes facer a vosa cabaza online

O NOSO NOME

LEVAMOS XA ALGÚNS DÍAS TRABALLANDO CO NOSO NOME:

  • RECOÑECENDOOS XA POLA MAÑÁ NOS COXÍNS PARA SENTARNOS E NAS SILLAS.
  • COMPARÁNDOOS: POLO NÚMERO DE LETRAS, CALES EMPEZAN POLA MESMA LETRA.
  • BUSCANDO PALABRAS QUE EMPEZAN POLA NOSA 1ª LETRA DO NOME
  • DECORANDO A NOSA INICIAL CON: PINTURA DE DEDOS, COLOREANDOA,...




ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS PERO SEGUIMOS TRABALLANDO

HOXE CONTAMOS...

MARTA TROUXO ESTE CONTO "EL PEZ ROJO Y EL PEZ AMARILLO". ESTES  DOUS PEIXES NUNCA ESTIVERAN NO MAR, VIVÍAN NUNHA PECERA. XUNTOS EMPRENDEN A AVENTURA DE IR BUSCALO.
GUSTOUNOS MOITO PORQUE ESTÁ RELACIONADO CO NOSO PROXECTO DE CENTRO.
GRAZAS MARTA POR ESTE CONTO TAN BONITO.

O ANIVERSARIO DE RAQUEL



PARABENS PARA TI...
RAQUEL XA TEN 3 ANIÑOS E HOXE O CELEBRAMOS NO COLE

lunes, 18 de octubre de 2010

RECIBIMOS UN AGASALLO

Hoxe Nicolás, da clase das tartas, agasallounos (unha para cada neno/a) cunhas chapas de pitiños e galiñas. O pitiño é COCORICO.
Algúns xa o coñeceredes e para os que non trátase dun conto que leva o mesmo nome é da editora OQO. A partires deste conto fixeron unha canción e hoxe tamén a estivemos escoitando.

O PICO DO GALO QUICO

A profe Susana no taller de expresión oral (os luns) trouxonos este pico do galo Quico e ela di:
"O pico do galo Quico é un pouco fedello  e cada vez que pronunciamos unha letra quere picarnos a lingua, a gorxa, as meixelas, os beizos, os dentes... ata o paladar.

Se pronunciamos o "c" quere mordernos a lingua que ve.
Se pronunciamos o "b" os beizos quere morder.
Se pronunciamos o "s" aos dentes quere lamer.
...

Co pico do galo Quico facemos praxias:
O galo Quico saca a lingua, e nos tamén
O galo Quico bota bicos e nos tamén
O galo Quico enfádase e nos tamén (morriños)
O galo Quico relámese e nos tamén
O galo Quico toca o paladar e nos tamén
....
Saen amigos/as:
A abella Ceci que ten que ter coidado ao decir o seu nome e ver a lingua no "c"
A serpe Sisí cos dentes pechados, mira de reollo o pico do galo Quico.

Traballamos os sentidos, porque ao Galo Quico góstalle dar picotazos:
nas orellas e logo non podemos....oir,
no nariz, coidado que logo non podemos... oler
etc."
Bicos do galo Quico e Susana

viernes, 8 de octubre de 2010

TÍTERES DE XIRAFA E CROCODILO

Hoxe levamos para casa os títeres que fixemos dos personaxes do conto que estamos a traballar. Estabamos tan contentos que cantámoslle a súa canción e  o fixemos moi ben.

miércoles, 6 de octubre de 2010

EN QUE EQUIPO ESTAMOS?


ESTOS SON OS TRES EQUIPOS DA NOSA AULA. FIXEMOS UNHA CHUVIA DE IDEAS E DESPOIS DUNHA VOTACIÓN SAIRON ELEXIDOS ESTES TRES NOMES. CADA NENO E NENA ESCOLLEU EN QUE EQUIPO ÍA ESTAR E ESTE É O RESULTADO.

lunes, 4 de octubre de 2010

O ANIVERSARIO DE ALEJANDRO

PARABÉNS PARA TI...
ALEJANDRO XA TEN 3 ANIÑOS E O VENRES CELEBRÁMOLO SEU ANIVERSARIO

domingo, 3 de octubre de 2010

O NOME DA CLASE "AS GALIÑAS"


O xoves e o venres estivemos buscando un nome para a nosa clase. Visitamos os amigos e amigas das outras aulas para coñecer os nomes que eles e elas elexiron. Costounos moito aportar ideas pero despois de recibir as visitas das outras dúas aulas de 3 anos para dicirnos que xa tiñan nome entraronnos as prisas. Ao final despois dunha longa votación podemos xa dicir que SOMOS A AULA DAS GALIÑAS ¡co-co-co-co-có!
Co nome da clase comezaremos o noso 1º proxecto. Agardamos a vosa colaboración.

O ANIVERSARIO DE ANTÍA

XA TIVEMOS O 1º ANIVERSARIO DO CURSO.

ANTÍA CUMPLIU 3 ANIÑOS E XUNTOS CELEBRÁMOLO
PARABÉNS PARA TI...!!!

CONTO "UNHA CASA A MEDIDA"

Este é o conto que estamos a contar nestes días. Crocodilo e xirafa son unha parella de namorados pero como son tan diferentes teñen algunhas dificultades para convivir. Atopan unha solución e crocodilo cántalle a xirafa:
"quérote xirafa
quero estar contigo
seremos sempre amigos
xirafa e crocodilo"

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

ESTES SON ALGÚNS DOS MOMENTOS VIVIDOS NOS NOSOS PRIMEIROS DÍAS DE ESCOLA QUE QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VÓS.
NESTES DÍAS FIXEMOS MOITAS COUSAS: XOGAMOS, FALAMOS, PINTAMOS, ALMORZAMOS... E TAMÉN SORRIMOS E ALGÚNS CHORAMOS