domingo, 20 de marzo de 2011

O SISTEMA EDUCATIVO É ANACRÓNICO

ESTE VIDEO ENVIOUMO UNHA FAMILIA. É MOI INTERESANTE.
GUSTARÍAME QUE DESPOIS DE VISIONALO DEIXARADES OS VOSOS COMENTARIOS.

PINCHADE AQUÍ

3 comentarios:

Elena dijo...

Ola Bea. Estiven mirando a reportaxe que nos recomendas e a verdade que me pareceu moi interesante o que se dí nela. Hoxe cada día parece que temos mais cantidade de nenos con "problemas" pero que despois son os mais espelidos para aquilo que realmente lles interesa e lles fai "estar". De todos os xeitos eu teño fillos xa maiores e algunhas cousas das que decían non as comparto de todo. Penso que hai que cambiar as formas para "atrapar" os rapaces e facerlles interesantes as cousas, pero non creo que se deban descuidar por ese motivo as ensinanzas que se daban antes solo porque agora con entrar en Google xa poidamos acceder a elas. Por exemplo, coñecementos como nomes de paises e capitais, ou como facer unha raiz cadrada sen ter que usar unha máquina, penso que se deben ensinar aínda que sen darlle igual a mesma forza que antes. Como di o refrán o saber non ocupa lugar. A información debe darse, e que non lles sone a chinés cando escoitan nomes en algunha noticia, etc.
Bueno xa che soltei o meu rollo, espero non terte aburrido con él, e que non che pareza moi anticuado, xa sabes que son de outra xeración, moito menos tecnolóxica.
Un saúdo.

María dijo...

Ola Bea. Unha reportaxe moi interesante e real. Eu creo cá ensinanza ten que ser personalizada(dacorde as necesidades de cada alumn@)e dar un xiro importante á educación sobre todo en primaria e secundaria, que continua sendo moi similar a cando eu estudiaba. Como Diplomada en Maxisterio(especialidade Infantil)e ter traballado algún tempo con nen@s,esta etapa de 3 a 6 anos, é pa mín a que máis evolucionou. Non vou a extenderme máis, senón igual me perdo. Un saúdo.

Bea dijo...

Ola Elena e María. Grazas polas vosas reflexións. Estou dacordo contigo Elena en que os contidos son importantes pero non hai que esquecer o xeito de traballalos. Ese é o tema deste video. Que metodoloxía empregamos na escola para transmitir os coñecementos. ¿Unha escola so transmisora e un alumnado so receptor ou tratamos de facer unha escola máis participativa e aberta a realidade que nos rodea? Unha escola na que se dialogue, se aprenda dos erros (moi importante), se escoite aos nen@s, non se coarte a súa creatividade,... Por suposto sen esquecer uns obxectivos e contidos básicos pero traballados dentro dunha metodoloxía más flexible.
Non me enrollo máis. Penso que é un xeito de entender a vida.
Grzas por animarvos a participar nestas conversas.
Interésame saber o qué pensades.
Un saúdo dende o galiñeiro.