ÚLTIMA HORA!!! OS PIOLLOS DO COLE DE SAN ROQUE FAN A MALETA:
ESTA É A NOTICIA QUE NOS GUSTARÍA ESCOITAR A TOD@S.
PARA CONSEGUIR QUE ESTOS INCÓMODOS BICHIÑOS NOS DEIXEN DE VISITAR, E NON VOLVAN NUNCA MAIS, DECIDIMOS PEDIR A COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA .
SE TOD@S NOS POÑEMOS DACORDO EN ELIMINALOS NA MESMA DATA SERÁ MÁIS DOADO ERRADICALOS.
NO CASO DE ATOPAR PIOLLOS OU LENDRES APLICAREMOS O TRATAMENTO DE FARMACIA SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO PROSPECTO. É IMPORTANTE LAVAR AS PRENDAS QUE ESTIVERAN EN CONTACTO COA CABEZA (GORROS, XERSEIS DE CUELLO ALTO, ROUPA DE CAMA....) NESTE CASO REVISAREMOS DIARIAMENTE POR SE É NECESARIO VOLVER A APLICAR A LOCIÓN.
SE NON ATOPADES PIOLLOS NIN LENDRES, NON VOS CONFIEDES E SEGUIDE REVISANDO A MIUDO. TER A CABEZA LIMPA NON É GARANTÍA DE NON COLLELOS.
SE QUEREDES MAIS INFORMACIÓN PODEDES CONSULTAR ESTE ENLACE
E AGORA UN VIDEO PARA OS PEQUES...
2 comentarios:
Hola compañeiros de Antia Martínez Fernández,son sua nai estes dias non foi o cole por que estubo emferma,o lunes xa a vedes,xa ten ganas de veros,mandabos moitos bicos e apertas
Ola Lourdes e Antía!
O galiñeiro tamén te vota de menos. Agardámoste pronto a ti pero tamén a Raquel,Iria,Noa e Javi.
O galiñeiro está moi vacio pero de seguro que a semana que ven xa voltades a estar con nós.
Moitos bicos e apertas para tod@s.
Publicar un comentario