lunes, 31 de enero de 2011

¡¡¡SORPRESA!!!

CANDO CHEGAMOS POLA MAÑÁ Á AULA TIÑAMOS DOUS AGASALLOS: UNHA CAIXA CHEÍÑA DE ANIMAIS DE PLÁSTICO E UN XOGO PARA FACER PARELLAS.
ESTIVEMOS PENSANDO QUEN OS TRAERÍA ATA A NOSA CLASE. PENSAMOS NOS REIS AÍNDA QUE XA PASOU ALGÚN TEMPIÑO E XA NOS DEIXARAN OS SEUS AGASALLOS. HOUBO QUEN DIXO A PROFE E EU ACLAREILLES QUE OS MERCARA O COLE PARA TODALAS AULAS DE INFANTIL.
PASAMOS UNHA BOA PARTE DAS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ COS ANIMAIS: QUITÁNDOOS DO PLÁSTICO NO QUE VIÑAN GARDADOS, AVERIGUANDO OS SEUS NOMES, CONTANDO CANTOS HABÍA EN TOTAL E LOGO OS CLASIFICAMOS EN DOUS GRUPOS SEGUNDO ESTIVESEN REPETIDOS OU NON.



2 comentarios:

OS MACARRÓNS dijo...

BOS DÍAS GALIÑAS:
NOS TAMÉN TIVEMOS UNHA CAIXA DE ANIMAIS ONTE AO CHEGAR A CLASE. HABÍA DE MOITOS TIPOS: SALVAXES, DOMÉSTICOS, MARINOS...
HABÍA UN ANIMAL MOI RARO QUE NON SABIAMOS QUE ERA, E ESTIVEMOS PREGUNTANDO A TODAS AS PROFES: A PROFE NURIA DIXONOS QUE ERA UN UROGALLO, O AMIGO DE VILLARINA.
ESPERAMOS QUE O PASEDES TAN BEN COMA NOS
BICOS CHEOS DE MACARRÓNS

LUCIA dijo...

HOLA GALIÑAS.ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN COS ANIMAIS NOVOS QUE OS DERON.DAMIAN SEGURO QUE ASI O FAI PORQUE EL NA CASA XOGA MOITO CON ELES.MOITOS BICOS.