sábado, 11 de diciembre de 2010

COÑECEDES AO APALPADOR?

Quen é o Apalpador?

Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galicia xa habitaba a figura mítica do Apalpador. 

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nen@s polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas d@s cativ@s. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

O Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de tod@s @s nen@s galeg@s, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os nenos e nenas doutras partes do planeta.


O APALPADOR  DESCANSANDO
(Imaxe de Leandro Lamas)

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES LER ESTE FERMOSO CONTO 

No hay comentarios: