domingo, 3 de octubre de 2010

O NOME DA CLASE "AS GALIÑAS"


O xoves e o venres estivemos buscando un nome para a nosa clase. Visitamos os amigos e amigas das outras aulas para coñecer os nomes que eles e elas elexiron. Costounos moito aportar ideas pero despois de recibir as visitas das outras dúas aulas de 3 anos para dicirnos que xa tiñan nome entraronnos as prisas. Ao final despois dunha longa votación podemos xa dicir que SOMOS A AULA DAS GALIÑAS ¡co-co-co-co-có!
Co nome da clase comezaremos o noso 1º proxecto. Agardamos a vosa colaboración.

3 comentarios:

gloria dijo...

Que sorte!!!! xa temos un galiñeiro en San Roque!!
espero incubar xunto a vos moitas aventuras!!!

rafaebeli dijo...

Estes pitiños de 4ºB non poideron escoller mellor galiña que a profe Bea. Sabemos que quedan en boas alas, "sorte e a seguir cacarexando, je,je,je.."

AS GALIÑAS dijo...

GRACIAS PAI DE RAQUEL.GUSTÁRONNOS MOITO AS FOTOS DE RAQUEL COAS PITAS.
CON MOITO CARIÑO AS GALIÑAS.